O Colexio Mendiño é un centro que oferta un ensino solidario baseado na filosofía cooperativista na que vimos traballando dende hai moitos anos e que forma parte da nosa organización como profesionais da educación.

    Fomentamos dentro deste marco ideolóxico, a creación de empresas autoxestionarias nas que a organización cooperativa dea unha saída ao mercado laboral.

    Avalamos a profesionalidade do noso alumnado grazas aos 25 anos de experiencia na Formación Profesional durante os que preparamos persoas libres, responsables e profesionais para sectores do tecido industrial, comercial e sanitario comprometidos coa realidade social galega e con capacidade de adaptación aos novos cambios tecnolóxicos que día a día se impoñen.